martes, 13 de xuño de 2017

AXUDA PARA SETEMBRO

Os contidos que debedes repasar para os que tedes suspenso BAC en setembro xa sabedes que se dividen en tres planos:

Gramática: todas as clases de palabras


Lingua e Sociedade:

  • Orixe e formación da lingua galega. Que elementos interveñen na súa formación.
  • A situación da lingua na Idade Media (normalización) / Séculos Escuros e Rexurdimento (desprestixio, prexuízos, voces reivindicativas)
  • As linguas no mundo, máis falantes, máis importante, familia máis importante, familia á que pertence o galego, o plurilingüismo, en España, Europa e o mundo. Linguas oficiais, linguas de estado, linguas minorizadas.
Literatura:
  • A idade media: contexto, cantigas profanas (amor, amigo, escarnio e maldicir, xéneros menores); cantigas relixiosas (Cantigas de Santa María) e prosa medieval.
  • Literatura dos Séculos Escuros e a Ilustración
  • Literatura do Rexurdimento: A literatura do primeiro terzo; o prerexurdimento; o rexurdimento pleno e a etapa de fin de século.

Listaxe de preguntas para repasar literatura:

1.      Cal é a vía cultural que trae a Galicia a lírica provenzal?

2.      Cal é o cancioneiro máis completo que se conserva?
3.      Como chegan a nós as cantigas do rei Don Dinís?
4.      Como chegan a nós as cantigas de Martín Códax?
5.      Que é a Arte de Trobar?
6.      Cal é a obra lírica máis importante de Afonso X, o Sabio?
7.      Cales eran os temas das cantigas medievais?
8.      Diferenza trobador e xograr?
9.      Quen eran os menestreis?
10.  Quen é María Pérez, a Balteira? A que se dedicaba?
11.  Cal é o primeiro reino independente da península Ibérica?
12.  Que diferenza as cantigas de amigo e de amor?
13.  Cales eran os temas das Cantigas de Escarnio e Maldicir?
14.  Que é unha Tenzón?
15.  Explica por que Afonso X non é o único que compuxo as Cantigas de Santa María aínda que se di que el é o seu autor.
16.  Os códices das Cantigas de Santa María por que son ricos e luxosos?
17.  Clasifica este título, Historia troiana, segundo o tipo de prosa medieval.
18.  Que son os Miragres de Santiago?
19.  Que son as Revoltas Irmandiñas?
20.  Cal é o título da obra teatral que escribe Gabriel Feijoo de Araújo?
21.  Cal é o título da obra de prosa que conservamos do século XVI?
22.  Cita o nome dunha poetísa do século XVIII.
23.  Cita o autor e a obra da peza de teatro do séc. XVIII.
24.  Quen foi Martín Sarmiento? Que pretendía para Galicia?
25.  Cita un exemplos de literatura de circunstancias dos SS EE. Que feitos da época recreán?
26.  Que son os “Mártires de Carral”?
27.  Cal foi a consecuencia da Ley Moyano de Instrucción Pública?
28.  Quen foi Antolín Faraldo?
29.  Quen son os líderes do Rexionalismo?
30.  Quen escribiu Proezas de Galicia?
31.  Cal era a esencia do Galeguismo?
32.  Cita o autor que gañou os Xogos Florais co poema “A Galicia”.
33.  Cita o nome da primeira novela en galego do XIX.
34.  Cita o nome da primeira obra de teatro en Galego e en prosa escrita xa a comezos do XX.
35.  Quen escribe o poemario Espiñas, follas e flores?
36.  Como se chama a poetisa que destacou pola defensa dos dereitos da muller e pola súa faceta de oradora pública.
37.  Quen son os autores denominados precursores?
38.  Para que escribiu Curros o Divino sainete?
39.  Por que escribiu Curros poemas costumistas e como se titulan eses poemas?
40.  Por que é Curros o autor máis famoso do Rexurdimento?
41.  Que simboliza a máquina do tren en Curros cando di que “é o Cristo dos tempos modernos”?
42.  Rosalía ten poesía de carácter social. Que problemas trata neses poemas? Pon exemplos.
43.  Cales son os dous poemarios en galego que escribiu Rosalía de Castro?
44.  Quen é o Bardo na poesía galega do Rexurdimento?
45.  Onde se coñecen Rosalía, Murguía e Pondal? Que filosofía ou pensamento compartían?
46.  Que son Os Eoas?
47.  Cal dos poetas do Rexurdimento foi membro da RAG?
48.  Que son os Xogos Florais? E o Album de la Caridad?
49.  Cal foi a primeira novela en galego do Rexurdimento e quen a escribiu?
50.  Cal é a primeira obra de teatro do rexurdimento?
51.  Que escribiu a primeira peza de teatro en prosa en galego?
52.  Que é O tío Marcos da Portela?
53.  Que é a “negra sombra” na lírica do Rexurdimento?
54.  Que simboliza o “fouciño” en Curros?
55.  Que se conmemora hoxe na data de publicación de Cantares gallegos?
56.  Quen foi o primeiro presidente da RAG?
57.  Cal é o poemario de temática social máis importante do Rexurdimento?
58.  Cales son os obxectivos do Rexurdimento?
59.  Que se fai durante o Rexurdimento en Galicia para lograr eses obxectivos?
60.  Onde está enterrado Curros Enríquez?




Ningún comentario:

Publicar un comentario